Iremos informando do traballo que vaiamos facendo. Agora queremos deixar aquí recollida unha primeira actividade de motivación que xa foi realizada o 11 de outubro. Tivemos a sorte de ter con nós un gran divulgador, Jose M. Salgado, sobre o camiño de Santiago que acercou ao alumnado á historia deste patrimonio imnaterial tan importante para todos os galegos e máis para os habitantes dos concellos por onde este pasa, como é o noso caso, o da Fonsagrada.
Tratouse dunha primeira toma de contacto co tema que iremos desenvolvendo ao longo do curso cunha metodoloxía participativa por parte do alumnado para que, ademais de coñecer tamén valore a gran importancia que ten o Camiño de Santiago para a súa vila e todo o concello.




No hay comentarios:
Publicar un comentario