miércoles, 27 de noviembre de 2019

MANIFESTO 25N

Aquí vos deixamos o texto do manifesto creado por Tamara e Uxía e lido por elas na manifestación contra a violencia de xénero.

Ademais poñemos un vídeo da lectura deste manifesto. Sentimos que a calidade do son non sexa boa, pero si son boas as intencións!

Grazas a elas, a todas as rapazas do Equipo de Dinamización, ao profesorado que nos acompañou e a todos os asistentes e participantes e ao concello, que nos agasallou cunhas chapas.

Por un mundo sen violencia machista!

MANIFESTO 25N




DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO- 25N

Dá a casualidade de que os membros do Equipo de Dinamización do noso centro somos todas mulleres e, como mulleres eccomo seres humanos, propuxemos unha manifestación a favor de erradicar a violencia de xénero.

Varios alumnos e alumnas fixeron pancartas nas que se reinvidicaba en galego a loita contra esta lacra e ademais as alumnas Tamara Fernández (4º ESO) e Uxía Castro (1º de BAC) crearon  un manifesto reivindicativo no nosa lingua.

Así que, a pesar do frío, o 25 ás 3 da tarde botamos a andar polas rúas da vila nunha manifestación alzando os nosos berros e pedindo dignidade e dereitos humanos para o xénero feminino ata chegar á praza do concello, alí xuntámonos todos para escoitar o manifesto que leron Uxía e Tamara. Máis tarde dirixímonos á chamada pista rosa e mentres se ían dicindo o nome, a idade e o lugar de procedencia das vítimas de violencia de xénero deste ano íase colocando un lazo violeta por cada unha delas para honrar a súa memoria.

A manifestación foi un éxito e tivo moita repercusión nas nosas redes sociais, Agardamos que iniciativas así sirvan para concienciar e lograr crear un mundo mellor.
































CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Un ano máis celebramos no noso centro o tradicional magosto. Non só comemos castañas asadas senón tamén doces típicos caseiros que fixo o alumnado de 4º ESO.

Pero, como todos os anos tamén alumnos de todos os cursos participaron nos xogos tradicionais nos que as castañas foron as protagonistas. Non debemos esquecer que os xogos tradicionais forman parte do noso patrimonio inmaterial e con eles non só o pasamos ben se non que facemos que perduren tradicións lúdicas que non deben esquecerse. Así que ademais do Samaín celebramos o Día Internacional do Patrimonio (25 de novembro) facendo estes xogos tan de noso, actividade que podemos relacionar coa proposta que fai a organización Ponte nas Ondas con motivo da celebración deste día.

CARTAZ DO MAGOSTO

IMAXES DO MAGOSTO 2019












NOME DUNHA ESTRELA PARA ROSALÍA

Desde o Equipo de Dinamización sumámonos apoiamos a iniciativoa de poñerlle o nome de Rosalía de Castro  aunha estrela. Puxemos información sobre este asunto nas redes sociais do centro e puxemos un cartel no taboleiro de Dinamización pedindo o VOTO.

Axiña se saberá se teremos unha estrela co nome da nosa insigne escritora.

Agardamos con impaciencia.


SALA DE ESCAPE DE MEDO

O Equipo de Dinamización creou unha sesión de Sala de Escape baseada nunha historia de medo. O escenario utilizado foi a casa do conserxe, unha vivenda adosada ao instituto.
Alí foron indo durante todo o  día 29 de outubro  por grupos todo o alumnado do centro e tiñan que resolver un enigma coas diferentes pistas que se lle ía dando aos participantes. O grupo que resolveu en menor tempo foron os rapaces de 2º BAC.
Tamén foron dar unha volta por alí os nenos de 5º e 6º de Primaria e fixemos para eles unha actividade tipo "casa do terror". Pasárono de medo.
 O Equipo de Dinamización está a realizar actividades que motivan ao alumnado e xa nos pediron que fixeramos outro "scape room" con outra temática. Andaremos e veremos. Desta primeira quedamos moi satisfeitos pero un pouco cansos con tanto traballo, aínda que pagou a pena se houbo diversión , entremento e traballo en equipo.

Deixámovos unhas fotos. Temos videos pero estàn moi escuros e non se aprecia nada.








miércoles, 6 de noviembre de 2019

ENTREGA DE PREMIOS RELATOS D-MEDO

Hoxe foron entregados os premios ás gañadoras do certame de relatos D-Medo.
Todas as gañadoras foron rapazas:

1ª categoría : ALBA LÓPEZ TESTA (2º ESO) co relato "As vacacións do terror"

2ª categoría: ANA BOHRER CID (4º ESO) co relato "Un pasado tenebroso"

3ª categoría: CARLA OSORIO LÓPEZ (1º BAC) co relato " O escuro das aparencias"

Seguen os relatos postos no taboleiro de Dinamización por se alguén aínda non os leu e quere facelo. Paga a pena!
PARABÉNS AS TRES AUTORAS! e animámosvos a seguir creando relatos e a facernos gozar con eles.
Grazas tamén ás rapazas que entregaron os premios, todas elas membros do Equipo de Dinamización.


Taboleiro co textos gañadores



Entrega do premio a Alba López Testa (2º ESO) 




Entrega do premio a Ana Bohrer Cid (4ª ESO)




Entrega do premio a Carla Osorio López (1º BAC)



Estas son as tres gañadoras

lunes, 4 de noviembre de 2019

EXPOSICIÓN ORAL DE MAYRA (2º ESO)

A única alumna que temos en Oratoria elaborou unha exposición oral sobre o SAMAÍN , escolleu un público selecto para que poidesen escoitala ao mesmo tempo soubesen algo máis desta festa. Escolleu os seus compañeiros de 2º da ESO e  na hora de Titoría o pasado martes 29 de outubro fixo antes eles a súa exposición.
Grazas ao alumnado pola súa atención (incluso fixeron preguntas) e á titora, Marián, por deixarnos un ratiño da súa sesión. 








EXPOSCIÓN SAMAÍN 4º ESO

O alumnado de 4º ESO estivo facendo pescudas sobre as tradicións en torno ao SAMAÍN. Coa información obitva fixeron uns paneis explicativos acompañados de imaxes cos que preteden dar información sobre esta festa co afán de coñecela e recuperala como nosa.
A exposición está ubicada ao carón da porta biblioteca e xusto ao lado do taboleiro de Dinamización.
Podedes vela e saber un pouco máis sobre esta "terrorífica" celebración.





SAMAÍN

Este ano traballamos moito sobre o Samaín xa que consideramos que é unha tradición nosa que está a ser tapada pola expansión do Halloween. Este último ten a súa base no noso Samaín, así que volvamos ás orixes e poñamos en valor as nosas raíces!



viernes, 1 de noviembre de 2019

CONCURSO RELATOS D-MEDO

Co motivo do Samaín o equipo de Dinamización decidimos poñer en marcha un concurso de relatos de medo.

 Segundo se foron presentando os relatos fómolos colgando no noso taboleiro para que todo o mundo tivese a acceso a eles e os puidese ler. 

Temos que dicir que a participación foi moi alta. Así que parabéns aos autores e autoras.  
Axiña saberemos o veredicto do noso xurado, mais queremos darvos os parabéns a todos os que participastes porque iso xa un premio para todos nós!

Deixámosvos postas aquí as bases e imaxes do noso taboleiro na actualidade.

Boas de novo!


Comezamos cun blog anovado porque por razóns técnicas non podemos editar no outro.
Trataremos de poñer un enlace para ter acceso directo a el.
Logo duns nove anos publicando no mesmo blog, o equipo de Dinamización do IESP Fontem Albei queremos seguir co labor e expoñendo aquí todas as actividades e iniciativas que se faigan no noso centro.
Un ano máis, benvidos a este recuncho!