A única alumna que temos en Oratoria elaborou unha exposición oral sobre o SAMAÍN , escolleu un público selecto para que poidesen escoitala ao mesmo tempo soubesen algo máis desta festa. Escolleu os seus compañeiros de 2º da ESO e na hora de Titoría o pasado martes 29 de outubro fixo antes eles a súa exposición.
Grazas ao alumnado pola súa atención (incluso fixeron preguntas) e á titora, Marián, por deixarnos un ratiño da súa sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario