Onte e hoxe no noso centro leváronse a cabo varias actividades previas ás vacacións de Nadal .Entre outras están as deseñadas e realizadas polo Equipo de Dinamización.
En concreto, onte pola tarde o alumnado da ESO por grupos estivo participando nunha xincana na que, mediante as pistas que ían encontrado polo instituto, tiña que atopar o Apalpador e logo resolver unha pregunta final sobre este personaxe tradicional galego.
Pola tarde fixemos un concurso: "Atrapa un millón" (en galego, por suposto) no salón de actos e houbo participantes de todos os cursos da ESO e de BAC.
Pasámolo moi ben ao mesmo tempo que aprendemos algunhas cousas novas!
Con isto despímonos ata o vindeiro ano desexando a todos un feliz Nadal
viernes, 20 de diciembre de 2019
ESTRELA ROSALÍA DE CASTRO
Por certo, xa sabedes que temos unha estrela no firmamento que leva o nome da nosa gran poeta Rosalía de Castro. Desde o noso Equipo de Dinamización difundimos esta iniciativa e agora estamos moi contentos e orgullosos de ver feito realidade esta proposta.
POSTAIS DE NADAL
O alumnado da ESO participou no Certame de Postais de Nadal convocado polo Concello da Fonsagrada. En total houbo 35 participantes e un total de 46 postais presentadas.
A gañadora foi Sabela Guera Suárez de 3º ESO (14 anos). Tanto a postal dela coma as dos seus compañeiros estiveron expostas estes días no taboleiro de Dinamización.
E onte 19 de decembro estiveron no centro representantes do concello, entre eles o alcalde para a entrega dos diplomas e o premio para a gañadora.
Por certo a postal gañadora está impresa polo Concello e foi enviada a todos os veciños da Fonsagrada para felicitarlles o nadal.
Desde aquí queremos dar os nosos parabéns a todos os participantes.

viernes, 13 de diciembre de 2019
PROXECTA "MIRANDO POLO CAMIÑO"
Ao longo deste curso desenvolveremos tarefas relacionadas co Camiño de Santiago inseridas dentro do Proxecta "Mirando polo camiño".
Iremos informando do traballo que vaiamos facendo. Agora queremos deixar aquí recollida unha primeira actividade de motivación que xa foi realizada o 11 de outubro. Tivemos a sorte de ter con nós un gran divulgador, Jose M. Salgado, sobre o camiño de Santiago que acercou ao alumnado á historia deste patrimonio imnaterial tan importante para todos os galegos e máis para os habitantes dos concellos por onde este pasa, como é o noso caso, o da Fonsagrada.
Tratouse dunha primeira toma de contacto co tema que iremos desenvolvendo ao longo do curso cunha metodoloxía participativa por parte do alumnado para que, ademais de coñecer tamén valore a gran importancia que ten o Camiño de Santiago para a súa vila e todo o concello.

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)