martes, 10 de marzo de 2020
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
O venres día 21 de febreiro celebramos o Entroido, unha festa tradicional que non debe perderse. Nos últimos anos baixara o númrero departicipantes no concurso de disfraces, mais temos que dicir que este ano houbo unha abondosa participación de alumnado de todos os cursos. Houbo dous premios para cada categoría: individual, parellas e comparsas. Celebrámolo a partir das 12.30h. e a verdade é que o pasamos moi ben.
CARTAS DE AMOR
Logo de ter activado o noso bául do amor no que o alumnado de todo o centro foi depositando mensaxes de amor / amizade para os seus compañeiros/as, o venres día 14 de febreiro, para celebrar o Día de San Valentín, os nosos carteiros do amor especiais distribuíron as cartas por todo o centro. Como é tradición, os mensaxeiros foron o alumnado de 2º BAC. Aquí vos deixamos unhas fotos dos nosos carteiros repartindo e deixando constancia que o galego tamén é unha lingua apta para o amor!
ANDAINA PROXECTA DO CAMIÑO PRIMITIVO
Como estamos traballando no Proxecta do Camiño, unha das actividades primordiais é saír e facer o camiño; neste caso o primitivo, e coñecer de primeira man como é ser peregrino . Fixemos a primeira andaina o 13 de febreiro. Nela aproveitamos para admirar a nosa paisaxe, os lugares de interese xeográfico, histórico e etnografico co fin de poder realizar despois unha guía impresa e dixital sobre o camiño primitivo no seu paso pola Fonsagrada. O alumnado recolleu tamén información sobre as posibles melloras que se poden realizar, así fotografías que servirán de apoio gráfico ao noso proxecto.
Non nos acompañou o tempo, xa que tivemos chuvia case todo o camiño, pero foi unha xornada moi proveitosa fóra das aulas e punto de inicio para comezar a traballar para valorar o patrimonio cultural que o camiño nos ofrece.
Participou todo o alumnado de ESO e FP Básica.
Non nos acompañou o tempo, xa que tivemos chuvia case todo o camiño, pero foi unha xornada moi proveitosa fóra das aulas e punto de inicio para comezar a traballar para valorar o patrimonio cultural que o camiño nos ofrece.
Participou todo o alumnado de ESO e FP Básica.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








