A gañadora foi Sabela Guera Suárez de 3º ESO (14 anos). Tanto a postal dela coma as dos seus compañeiros estiveron expostas estes días no taboleiro de Dinamización.
E onte 19 de decembro estiveron no centro representantes do concello, entre eles o alcalde para a entrega dos diplomas e o premio para a gañadora.
Por certo a postal gañadora está impresa polo Concello e foi enviada a todos os veciños da Fonsagrada para felicitarlles o nadal.
Desde aquí queremos dar os nosos parabéns a todos os participantes.







No hay comentarios:
Publicar un comentario