martes, 10 de marzo de 2020

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres día 21 de febreiro celebramos o Entroido, unha festa tradicional que non debe perderse. Nos últimos anos baixara o  númrero departicipantes no concurso de disfraces, mais temos que dicir que este ano houbo unha abondosa participación de alumnado de todos os cursos. Houbo dous premios para cada categoría: individual, parellas e comparsas. Celebrámolo a partir das 12.30h. e a verdade é que o pasamos moi ben.








































































CARTAS DE AMOR

Logo de ter activado o noso bául do amor no que o alumnado de todo o centro foi depositando mensaxes de amor / amizade para os seus compañeiros/as, o venres día 14 de febreiro, para celebrar o Día  de San Valentín, os nosos carteiros do amor especiais distribuíron as cartas por todo o centro. Como é tradición, os mensaxeiros foron o alumnado de 2º BAC. Aquí vos deixamos unhas fotos dos nosos carteiros repartindo e deixando constancia que o galego tamén é unha lingua apta para o amor!











ANDAINA PROXECTA DO CAMIÑO PRIMITIVO

Como estamos traballando no Proxecta do Camiño, unha das actividades primordiais é saír e facer o camiño; neste caso o primitivo, e coñecer de primeira man como é ser peregrino . Fixemos a primeira andaina o 13 de febreiro. Nela  aproveitamos para admirar a nosa paisaxe, os lugares de interese xeográfico, histórico e etnografico co fin de poder realizar despois unha guía impresa e dixital sobre o camiño primitivo no seu paso pola Fonsagrada. O alumnado recolleu tamén información sobre as posibles melloras que se poden realizar, así fotografías que servirán de apoio gráfico ao noso proxecto.
 Non nos acompañou o tempo, xa que tivemos chuvia case todo o camiño, pero foi unha xornada moi proveitosa fóra das aulas e punto de inicio para comezar a traballar para valorar o patrimonio cultural que o camiño nos ofrece.
Participou todo o alumnado de ESO e FP Básica.





lunes, 17 de febrero de 2020

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

O pasado 21 de xaneiro acercáronse ao concello o alumnado gañador do Premio de Poesía de Nadal organizado pola Biblioteca Pública da Fonsagrada. Houbo moitísima participación, pero só tres podían ser elixidos como gañadores. Estes foron na categoría de secundaria:

Alicia Leurink Moschütz
Sabela Guerra Suárez
Rodrigo López Rego

Parabéns aos tres e a ver se hai sorte na fase provincial deste concurso!

É un privilexio que haxa rapaces/as dispostos a escribir poesía na nosa lingua!





CHARLA-COLOQUIO CON MARÍA SOLAR

O pasado mércores 22 de xaneiro os grupos de 3o e 4o da ESO asistiron no CPR San Xosé de Lugo a
unha charla da escritora María Solar, autora da novela Os nenos da varíola.
Nunha amena exposición a autora falou do letal que era esta enfermidade, mostrándonos
imaxes de persoas afectadas e, a raíz diso, recalcou o importante que foi para toda a
humanidade a extensión da vacina, que tivo o seu punto de inicio no porto da Coruña e
grazas, entre outros, a nenos pertencentes aos hospicios de Santiago e da Coruña. A Real
Expedición Filantrópica da Vacina que levou a cura desta enfermidade cara a América foi un
fito importante na historia mundial e a autora opina que debería ser un feito que debería
formar parte do currículo escolar.
María Solar contounos como chegou a investigar sobre este asunto e escribir a novela e
falounos dos personaxes reais desta expedición: o doutor Balmis, a enfermeira Isabel
Zendal (reitora do hospicio da Coruña) e dos nenos que participaron como portadores da
vacina nesta arriscada expedición. A autora quixo sacar do anonimato a estes nenos e
facerlles unha homenaxe neste libro para que non quedasen no esquezo.
Realmente foi unha charla moi interesante Os rapaces xa tiñan lido a novela e fixéronlle
varias preguntas á autora sobre el. Como broche final grazas á amabilidade da escritora,
puidemos facer unha foto de todo o grupo con ela.
Moitas grazas, María Solar, por achegarnos a túa sabedoría pero tamén a paixón e entrega
posta nas empresas que levas a cabo, buscando o lado mais humano da realidade, e que s
tan ben sabes transmitir.
Logo desta charla fomos tamén a Rocolugo, o rocódromo de Lugo inaugurado
recentemente, e alí a rapazada disfrutou escalando e incluso facendo xogos propostos
polos monitores.
Foi unha mañá completa e ben aproveitada na que tiveron cabida a literatura e o deporte.








viernes, 20 de diciembre de 2019

ACTIVIDADES DE NADAL

Onte e hoxe no noso centro leváronse a cabo varias actividades previas ás vacacións de Nadal .Entre outras están as deseñadas e realizadas polo Equipo de Dinamización.

En concreto, onte pola tarde o alumnado da ESO por grupos estivo participando nunha xincana na que, mediante as pistas que ían encontrado polo instituto, tiña que atopar o Apalpador e logo resolver unha pregunta final sobre este personaxe tradicional galego.

Pola tarde fixemos un concurso: "Atrapa un millón" (en galego, por suposto) no salón de actos e houbo participantes de todos os cursos da ESO e de BAC.

Pasámolo moi ben ao mesmo tempo que aprendemos algunhas cousas novas!

Con isto despímonos ata o vindeiro ano desexando a todos un feliz Nadal

ESTRELA ROSALÍA DE CASTRO

Por certo, xa sabedes que temos unha estrela no firmamento que leva o nome da nosa gran poeta Rosalía de Castro. Desde o noso Equipo de Dinamización difundimos esta iniciativa e agora estamos moi contentos e orgullosos de ver feito realidade esta proposta.